|
Na actualidade pódese asegurar que a comunicación non son só os medios masivos, senón que se converte nunha serie de aplicacións, de mecanismos e coñecementos que as entidades implementan e utilizan no seu beneficio, dende a parte interna que manexan, ata na imaxe que proxectan. O Departamento de Comunicación da Federación AUTISMO GALICIA ten como labor a comunicación externa e interna da entidade. SERVIZO DE COMUNICACIÓN EXTERNA No eido da comunicación externa, traballa na proxección de todas aquelas iniciativas levadas a cabo pola Federación AUTISMO GALICIA e/ou polas entidades asociadas, encamiñadas a mellorar a calidade de vida das persoas con Autismo e das súas familias. A través dos medios de comunicación busca sensibilizar á sociedade coa realidade das persoas con Trastornos do Espectro Autista. A comunicación externa na Federación AUTISMO GALICIA realizase a través da xestión da relación cos medios, a estratexia global da imaxe institucional, comunicación do traballo e as publicacións. | IMAXE CORPORATIVA
|
SERVIZO DE COMUNICACIÓN INTERNA A comunicación interna está subordinada de forma moi dinámica e organizada aos obxectivos, plans e proxectos que emerxen da dirección da organización e cumpre os obxectivos de asegurar a información interna e posibilitar o desenvolvemento da imaxe e información creadora da identidade, para todos/as os traballadores/as e entidades asociadas. Traballa na comunicación entre a Federación e as entidades asociadas e a comunicación entre os departamentos, os servizos e as persoas que desenvolven o seu traballo na entidade.
|