Logotipo de la Federación Autismo Galicia

Apoio

 

O Departamento de Apoio ao Colectivo desenvolve accións e actividades dirixidas a todos os colectivos do eido dos Trastornos do Espectro Autista, (T.E.A.): persoas con autismo, familias, profesionais, voluntariado...

Servizos de formación, orientación e asesoramento, apoio emocional ou respiro familiar tendentes a fomentar a integración, a participación social e o reforzo persoal, tanto das persoas con T.E.A. como das súas familias.

 

Prestamos servizos a:

 

SERVIZO DE FAMILIAS

 

Respiro familiar:

 

É unha prioridade na atención ás familias facilitar o desenvolvemento da súa vida cotiá, tanto dende o aspecto laboral como do seu ocio e descanso.

A vida da familia dunha persoa con T.E.A. presenta en moitas ocasións situacións de esgotamento derivadas das problemáticas asociadas á estes trastornos, por iso se fai imprescindible un servizo que ofreza unha liña rehabilitadora continua dentro dun marco de atención cualificado, para proporcionar un descanso ás familias.

Algunhas das actividades de respiro son:

 

Canguros, servizo que se oferta de xeito complementario ás actividades que se organizan para as familias dende este Departamento ou outros da Federación.

 

Fins de Semana

Actividades de ocio e tempo libre para as persoas con TEA

 

Formación e grupos de apoio

 

A síndrome dos Trastornos do Espectro Autista segue a ser en moitos aspectos un enigma, avanzamos a pequenos pasos de cara a investigar as causas da mesma, avanzamos cara o un mellor e máis precoz diagnóstico, en servizos, en expectativas... e os primeiros espectadores destes avances son os familiares das persoas con T.E.A.

 

Fomentar a formación en todos estes aspectos e, ao mesmo, tempo propiciar espazos de apoio, de reunión e de debate para as familias, entre elas e cos/coas profesionais, é un servizo que AUTISMO GALICIA presta e amplía a outros campos.

 

Actividades formativas e de apoio:

 

Xornadas para nais e pais coidadores

Xornadas para nais e pais coidadores

Escolas de nais e pais

Recursos

 

SERVIZO A PERSOAS CON TEA

 

O Departamento de Apoio, en colaboración coas entidades asociadas á Federación organiza, para os/as usuarios/as das mesmas, actividades complementarias ás da vida diaria.

 

Campamentos

 

Campamentos

Equinoterapia

Hidroterapia

Fins de semana de ocio

Actividades de ocio e tempo libre

 

SERVIZO DE MULLER

 

Dentro desta área, o Departamento de Apoio ten dúas subáreas de intervención: as mulleres nais ou familiares de persoas con T.E.A e as mulleres con algún dos Trastornos do Espectro Autista, para as que se realizan actividades de información, asesoramento, apoio e formación dende as dúas perspectivas.

As actividades que se desenvolven neste eido, ademais das formativas, de respiro e de lecer, súmanse actividades de representación do colectivo.

Xornadas para nais e familiares coidadoras

 

SERVIZO DE VOLUNTARIADO

 

A Federación AUTISMO GALICIA, como entidade de acción voluntaria, desenvolve unha labor de captación e de capacitación das persoas voluntarias que están interesadas en participar na organización e/ou realización de actividades coas persoas con T.E.A., desenvolvidas tanto dende a Federación como dende as entidades asociadas.

 

Formación e recursos

Actividades para os voluntarios

Lei de Voluntariado de Galicia