|
AVISO LEGAL E POLÍTICA DE PRIVACIDADE
A Federación AUTISMO GALICIA é a entidade titular da web www.autismogalicia.org.
En cumprimento da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a entidade informa que:
De conforme co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, sobre Datos de Carácter Persoal, informámoslle que os datos persoais que nos facilite a través dos formularios, os enderezos de correo electrónicos ou calquera outro mecanismo de comunicación ofrecido a través da web serán incorporados aos ficheiros de datos persoais da Federación AUTISMO GALICIA.
A finalidade da recolleita e tratamento dos seus datos persoais será a que se lle indica a continuación:
A Federación AUTISMO GALICIA non comunicará os seus datos a terceiras persoas.
Cando unha persoa usuaria accede á páxina web pode quedar rexistro de parámetros tales como a dirección IP da persoa usuaria que se conecta, as páxinas visitadas, a data e a hora da conexión ou outros datos similares, que non pretenderán en ningún caso unha finalidade que non sexa a meramente estatística. Calquera outro dato de carácter persoal, tales como nome, enderezo, teléfono ou enderezo de correo electrónico, que non poidan ser obtidos co mero feito de navegar polas páxinas dun sitio Web, non estará dispoñible para a Federación AUTISMO GALICIA se a propia persoa usuaria non os proporciona nun formulario disposto para tal fin.
A cumprimentación dos formularios, o envío de mensaxes de correo electrónico ou a utilización doutros mecanismos de comunicación ofrecidos na Web implican o seu consentimento expreso ao tratamento dos seus datos persoais co contido e alcance indicado nos parágrafos anteriores.
Poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dirixindo a súa solicitude por escrito asinado e achegando fotocopia do seu DNI ou documento identificativo equivalente á Federación AUTISMO GALICIA ao enderezo xa sinalado ou por medio do noso enderezo de correo electrónico: info@autismogalicia.org |

