autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Entidades de acción social galegas presentan unha campaña unitaria

Correo-e Imprimir PDF

Coa etiqueta #Dereitos365 reivindícase a defensa dos dereitos das persoas en pobreza e exclusión máis alá das festas do Nadal

 

O aumento da pobreza e da desigualdade neste ano que remata fai que a presenza destas problemáticas a nivel político e social sexa imprescindible. Por este motivo, as entidades membro de EAPN-Galicia (Rede Galega de Loita contra a Pobreza) lanzan unha campaña unitaria de comunicación este Nadal.

O obxectivo é trasladar á opinión pública que as persoas en situación de pobreza e exclusión están vendo vulnerados os  seus dereitos, pero non por isto deixan de telos. Baixo a etiqueta #Dereitos365, búscase lembrar a necesidade de facerlle fronte á exclusión social diariamente.

A partir do 17 de decembro ás 12h e durante todas as festas, sucederanse unha serie de mensaxes en blogues, redes sociais e webs de todas as entidades de acción social galegas que apelen á defensa dos dereitos sociais e a loita a exclusión a través da implicación de todas e todos.

Porque a desigualdade e a exclusión combátense todos os días, #Dereitos365!

 

 

EAPN-GALICIA e o seu Grupo de Comunicación


EAPN Galicia está integrada por 125 entidades que traballan contra a pobreza e a exclusión en Galicia e ten como misión “defender os dereitos das persoas en situación ou risco de pobreza e exclusión mediante a incidencia política e social”.


O grupo de Comunicación está formado polas responsables de comunicación de entidades como Autismo Galicia, Arela, COGAMI, Down Galicia, Ecos do Sur, FEAFES, FEGADACE, Fundación Meniños, Fundación Ronsel, Igaxes3 ou Médicos do Mundo. Ademais de organizar accións concertadas de comunicación ou formación, trata de defender a causa e a mensaxe principal da defensa dos dereitos e a dignidade das persoas en risco de pobreza ou exclusión social, moi lonxe de calquera visión asistencialista.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.