autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

autismogalicia.org

El Autismo te Habla, Sigue las Señales: spot de sensibilización

Correo-e Imprimir PDF

O día 2 de abril, aproveitando a presentación en Madrid da campaña de concienciación ‘El Autismo te Habla, Sigue las Señales’ e coincidindo coa celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, lanzouse a nivel nacional un anuncio de sensibilización que incide na alta prevalencia dos trastornos do espectro do autismo.

O aspecto que resalta este anuncio -a alta taxa de incidencia- vén completar a idea central que vertebra a campaña, que é a da necesidade de aprender a recoñecer os síntomas para levar a cabo unha detección temperá e poder ofrecer, dese modo, unha atención sociosanitaria axeitada a cada caso.

SAÚDE ORAL no Día Mundial da LOGOPEDIA

Correo-e Imprimir PDF
A Federación Autismo Galicia participa na celebración do DÍA MUNDIAL DA LOGOPEDIA


Desde o CPLOL o Comité de Terapeutas da Fala e a Linguaxe / Logopedistas na Unión Europea, dedicaron o seu #DiaMundialLogopedia ao Trastorno do Espectro do Autismo.

Participamos na iniciativa do Colegio Profesional de Logopedas de Galicia, na Xornada  AlimenTEA, un encontro que fixo un percorrido polo coñecemento das dificultades orales que pode presentar unha persoa con TEA

Desde Autismo Galicia presentamos o traballo que realizamos en relación á mellora da saúde bucodental dos pacientes con autismo. Medidas necesarias polas dificultades que moitas persoas con TEA atópanse á hora de acceder aos servizos sanitarios.

 

 

MELLORA DA SAÚDE BUCODENTAL DOS PACIENTES CON TEA


Temos que ter en conta que a protección da saúde e o dereito a unha asistencia sanitaria eficaz e satisfactoria é  un elemento esencial das sociedades e fundamental para o desenvolvemento dos demais dereitos, sobre todo para alcanzar unha vida social plena e participativa.

Con todo, desde o punto de vista das persoas con autismo o coidado da saúde e a atención sanitaria segue atopando moitas barreiras que dificultan a plenitude do seu dereito.

As características propias das persoas con autismo, entre elas, as particularidades sensoriais, cognitivas, emocionais,  perceptivas  de respostas á dor e dificultades para identificar outras sensacións corporais  ,(das cales xa se falou anteriormente),  poden provocar que alteracións na saúde poden pasar desapercibidas, que problemas de saúde detéctense tarde,( cando xa se complicaron), ou que a atención sanitaria resulte moi difícil para a persoas con autismo.

Estas dificultades esixen que eliminemos unha serie de barreiras que non son puramente arquitectónicas e que, coa súa presenza, fan máis complicada e disfuncional a súa vida.

 

 

O TRABALLO DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA


No exercicio desta responsabilidade, as propostas de traballo que desde a Federación  Autismo Galicia realízanse procuran equiparar ás persoas con  TEA ao resto dos pacientes do Sistema Galego de Saúde mediante a introdución de medidas que contribúan a superar as barreiras xa comentadas. O noso obxectivo, non é só promover a introdución de melloras que garantan o proceso de comunicación entre o paciente e os profesionais sanitarios, senón que queremos ir máis aló e contribuír á mellora da saúde dos pacientes con autismo, evitando a renuncia á asistencia sanitaria ou un menor control sobre a mesma, así como propoñer unha atención médica lonxitudinal.

Neste sentido desde a nosa entidade propoñémonos desenvolver de forma específica un programa de mellora na atención sanitaria ao paciente con  TEA que basea a súa metodoloxía de traballo, por unha banda, na coordinación e colaboración interna, a través dunha comisión de sanidade na que se integran as asociacións federadas, e por outro, na coordinación cos servizos centrais do SERGAS e a colaboración cos seus profesionais .

 

 

Esta metodoloxía é fundamental porque entendemos, que desde a  retroalimentación e intercambio de coñecemento, a especialización dos profesionais sanitarios e as experiencia das persoas con autismo e asociacións, é posible avanzar na calidade da asistencia sanitaria e construír un sistema sanitario e unha asistencia con máis valor. Todo iso  enmárcase no plan de accesibilidade da Federación Autismo Galicia e no próximo plan de humanización do SERGAS.

Elaboramos protocolos de atención sanitaria ao paciente con autismo e fichas de información para profesionais sanitarios onde se recollen as características do paciente e as súas dificultades de procesamento sensorial. Avanzamos na mellora da compresión do espazo sanitario a través de  pictogramas e secuencias de anticipación, así como participado na descrición de protocolos de atención ao paciente dentro do ambiente hospitalario.

 

Outras das liñas de traballo que iniciamos en Autismo Galicia é a formación de profesionais sanitarios e colaboracións en E- Saúde, onde existen contidos sobre saúde interactivos  cuxo  obxectivo é achegar coñecemento á plataforma.

Por todo isto  a humanización do sistema pasa por medidas que, en liñas xerais, son coincidentes con outras asociacións de pacientes, e que pasarían por un desenvolvemento específico en determinados aspectos relacionados con dificultades mencionadas, pero que aínda así beneficiarían a outras persoas, especialmente aquelas con dificultades cognitivas e de comunicación.

 

 

COLABORACIÓN CA  EOXI DA CORUÑA E A UNIDADE DE SAÚDE BUCODENTAL DO CENTRO DE SAÚDE DE SAN JOSÉ.

A colaboración coa  EOXI da Coruña e a unidade de saúde bucodental Centro de saúde de San José incidiu en diversos puntos que mellorarán a calidade de vida dos pacientes e garantisen melloras no  bo desenvolvemento dos tratamentos para levar a cabo. Estes puntos son:

 

Manifesto da Organización Mundial do Autismo para o 2 de abril

Correo-e Imprimir PDF

A OMA lanzou o seu manifesto 2012 con motivo da celebración, o vindeiro luns 2 de abril, do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

Nel incídese este ano nas carencias existentes nos servizos de apoio tanto nos países desenvolvidos como nos menos favorecidos.

A OMA alude tamén á responsabilidade cara ao conxunto da sociedade, para informala e que dese modo poida coñecer e comprender as persoas con TEA e axude á implementación das políticas que aseguren a igualdade de oportunidades.

Descarga o Manifesto.

 

Urxen estratexias e medidas xerais prioritarias para o clectivo das persoas con TEA.

Correo-e Imprimir PDF

 

O día 15 de marzo a Federación Autismo Galicia xunto cos representantes de CERMI-Galicia e o grupo parlamentario do Partido Popular, plantexamos as necesidades prioritarias para o colectivo
das persoas con Trastono do Espectro do Autismo e as súas familias.

 

Destacando que na Estratexia Española en Trastornos do Espectro do Autismo, aprobada polo Consello de Ministros o 6 de novembro de 2015, constitúe o marco de referencia na definición de accións estatais, autonómicas e locais para contribuír a ofrecer en todos os territorios unha orientación común que garanta a igualdade de oportunidades e o gozar efectivo dos dereitos do colectivo de persoas con TEA e as súas familias.

 

Non existen datos poboacionais sobre o colectivo. Rexístranse grandes desigualdades entre Comunidades Autónomas e o desenvolvemento de servizos especializados é limitado e territorialmente disperso. E que nos servizos públicos (educación e sanidade principalmente) apenas se desenvolveron unidades especializadas en TEA e as que existen atópanse desbordadas polas demandas que experimentan.

 

 

TEMOS QUE AVANZAR CARA UNHAS ESTRATEXIAS QUE CONTEMPLEN AS NECESIDADES REAIS E O INCREMENTO DA PREVALENCIA DE PEROSAS CON TEA

Polo que é importante a necesidade de levar a cabo o desenvolvemento reglamentario da figura do CONCERTO SOCIAL e a Estratexia Española en Trastornos do Espectro do Autismo.

 

 


ESTRATEXIAS NAS DIVERSAS ÁREAS.

Na Sanidade:

  • Promover a detección precoz do TEA e o acceso a un diagnóstico especializado.
  • Incrementar a oferta de servizos de atención  temperá especializados e suficientemente financiados.
  • Deseñar e implementar unha Estratexia en TEA no sistema sanitario que proporcione unha atención especializada e integral nos diferentes niveis asistenciais , incluindo o desenvolvemento de servizos e unidades de referencia no territorio.

Na Educación:

  • Favorecer a especialización, innovación e flexibilización das modalidades de escolarización, metodoloxías de ensinanza e apoios ao alumnado con TEA.
  • Mellorar a formación do profesorado para a atención educativa ás persoas con TEA.
  • Garantizar a transición entre diferentes ciclos  e/ou modalidades educativas, incrementando as alternativas e recursos dispoñibles.
  • Difusión e formación dos axentes educatios para unha plena aplicación do Protocolo de atención ao alumnado con TEA.

Na Vida adulta e Servizos especializados :

  • Incrementar o número de prazas nos servizos específicos da carteira de servizos sociais especialmente no servizos de atención diurna e de atención residencial.
  • Promover o concerto de servizos con entidades do terceiro sector especializadas para a atención ás persoas con TEA.
  • Garantizar o financiamento dos servizos de transporte aos centros de atención.

Na Accesibilidade cognitiva:

  • Desenvolver de maneira efectiva as medidas para garantir a accesibilidades de espazos, bens e servizos tanto física como cognitivamente.

Raiolas celebra en Lugo o 2 de abril

Correo-e Imprimir PDF

Este luns 2 de abril, e como nos últimos anos, a Asociación Raiolas-Lugo celebra o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo.

Debuxo RAIOLASEntre as actividades previstas están a iluminación en azul de edificios de distintas institucións da cidade de Lugo (campaña ‘Light it Up Blue’ creada para conmemorar esa data iluminando nesa cor edificios emblemáticos en todo o mundo), a lectura do Manifesto no Pleno do Concelllo, a repartición de lazos conmemorativos, a colocación dunha mesa informativa na Praza Maior do Concello de Lugo ese día e a realización dunha cea de celebración. Recordemos que o azul é a cor elixida para dar visibilidade aos trastornos do espectro do autismo.

Páxina 1 de 102

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.