autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Federación Autismo Galicia

Congreso Internacional de síndrome de Asperger

Correo-e Imprimir PDF

Autismo Burgos organiza o Congreso Internacional de Autismo de Alto funcionamento/Síndrome de Asperger: “evidencias baseadas na experiencia”, onde a través de talleres, pósters, mostras de materiais e relatorios tratarase a situación actual do diagnóstico e tratamento, dende unha perspectiva da abordaxe ao longo do ciclo vital.

O congreso celebrarase en Burgos os días 22, 23 e 24 de marzo de 2012 e está dirixido a profesionais.

Congreso: tecnoloxías para o autismo

Correo-e Imprimir PDF

Primeiro Congreso Internacional de Novas tecnoloxías para persoas con trastornos do espectro do autismo, organizado pola Fundación Orange, Autismo Speaks e a Fundación Adapta. Valencia, 7 e 8 de xullo de 2012.

Congreso Novas Tecnoloxías e Autismo

Este congreso proponse como punto de encontro internacional para as persoas con TEA, as súas familias, e os profesionais que traballan neste ámbito e todos aqueles que estean interesados en coñecer as vantaxes das novas tecnoloxías aplicadas ao mundo do autismo.

Última actualizaciónfeita en Luns, 05 Marzo 2012 10:56

Rede de sensibilización sobre os TEA

Correo-e Imprimir PDF

A Federación Autismo Galicia participa na Rede de Sensibilización sobre os trastornos do espectro do autismo da Confederación Autismo España.

Esta acción, enmarcada dentro do plan de acción 2012 da Confederación Autismo España, busca coordinar accións de apoio ao tecido asociativo das Federacións Autonómicas chegando igualmente ás asociacións confederadas de todo o territorio estatal.

Última actualizaciónfeita en Venres, 02 Marzo 2012 08:23

Para os concellos

Correo-e Imprimir PDF

A Federación Autismo Galicia está a desenvolver un proxecto de información nos concellos e centros educativos da Comunidade Autónoma.

Co obxecto de facer máis visible a Federación e as entidades e asociacións que a compoñen, Autismo Galicia está informando aos concellos e centros educativos da Comunidade Autónoma sobre os nosos servizos e datos de interese.

Última actualizaciónfeita en Luns, 20 Febreiro 2012 18:00

Páxina 111 de 115

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.