autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Federación Autismo Galicia

Manifesto da Organización Mundial do Autismo para o 2 de abril

Correo-e Imprimir PDF

A OMA lanzou o seu manifesto 2012 con motivo da celebración, o vindeiro luns 2 de abril, do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

Nel incídese este ano nas carencias existentes nos servizos de apoio tanto nos países desenvolvidos como nos menos favorecidos.

A OMA alude tamén á responsabilidade cara ao conxunto da sociedade, para informala e que dese modo poida coñecer e comprender as persoas con TEA e axude á implementación das políticas que aseguren a igualdade de oportunidades.

Descarga o Manifesto.

 

Última actualizaciónfeita en Venres, 30 Marzo 2012 10:34

12 síntomas de alerta para a detección temperá do autismo

Correo-e Imprimir PDF

A Confederación Autismo España presenta oficialmente a camapaña conmemorativa do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo o vindeiro luns 2 de abril en Madrid.

Dita campaña leva por nome ‘Sigue las Señales’ e, seguindo o lema do DMCA deste ano, versará sobre a detección temperá nos trastornos do espectro do autismo (TEA).

Neste sentido, os indicadores que posibilitan o recoñecemento dos síntomas son un primeiro paso crucial que levará a un diagnóstico e permitirá ofrecer despois a asistencia e tratamento axeitado ás necesidades individuais detectadas.

12 sinais de alerta para a detección do autismo (Galego).

Raiolas celebra en Lugo o 2 de abril

Correo-e Imprimir PDF

Este luns 2 de abril, e como nos últimos anos, a Asociación Raiolas-Lugo celebra o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo.

Debuxo RAIOLASEntre as actividades previstas están a iluminación en azul de edificios de distintas institucións da cidade de Lugo (campaña ‘Light it Up Blue’ creada para conmemorar esa data iluminando nesa cor edificios emblemáticos en todo o mundo), a lectura do Manifesto no Pleno do Concelllo, a repartición de lazos conmemorativos, a colocación dunha mesa informativa na Praza Maior do Concello de Lugo ese día e a realización dunha cea de celebración. Recordemos que o azul é a cor elixida para dar visibilidade aos trastornos do espectro do autismo.

Última actualizaciónfeita en Venres, 30 Marzo 2012 09:25

A Fundación Menela celebra en Vigo o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

Correo-e Imprimir PDF

Segundo estudos epidemiolóxicos da Organización Mundial do Autismo (OMA), 1 de cada 150 nenos e nenas en idade escolar podería presentar un Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), polo que a detección temperá debe ser unha prioridade na intervención e orientación dos TEA, contribuíndo así á defensa dos seus dereitos e á mellora da súa calidade de vida, permitíndolle aos profesionais e ás familias establecer o mellor tratamento e escolarización para cada caso, de cara ao seu desenvolvemento persoal e á súa inclusión social.

Logo MENELA

Unha característica que define ás sociedades civilizadas é a forma na que axudan aos seus membros con capacidades diferentes, polo que queremos aproveitar este día para difundir o coñecemento e sensibilizar á cidadanía sobre o autismo. Estamos convencidos de que a inclusión das persoas con TEA supón unha riqueza para toda a sociedade que ten a responsabilidade de garantir a igualdade de oportunidades para todos e todas.

Última actualizaciónfeita en Xoves, 29 Marzo 2012 09:12

Páxina 110 de 113

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.