#RompamosBarreiraspoloAutismo
A Área de Xestión Integrada de Vigo se suma á campaña do Día Mundial do Autismo.
O 2 de abril con motivo da celebración do Día Mundial do Autismo, a EOXI de Vigo e a Federación Autismo Galicia presentan o inicio do programa da mellora da atención sanitaria de pacientes con autismo nesta Área, sumándose á iniciativa de rachar barreiras polo autismo.
Rachar as barreiras que dificultan a inclusión das persoas con necesidades específicas de apoio, tanto neste entorno, o sanitario, coma calquera outro é unha acción social que debemos acometer entre todos, coma cidadáns en exercicio da nosa solidariedade pero tamén en exercicio das nosas propias necesidades.
As persoas con autismo presentan, asociadas ao seu trastorno, severas dificultades para adaptarse de maneira flexible ao entorno no que se desenvolve a súa vida cotiá e, neste contexto sanitario, á asistencia que no mesmo se presta. Cando falamos de entorno, non só nos referimos ao espazo físico senón a todos os procesos e accións que, dentro deste: hospitais ou centros de saúde, se producen.
Estas dificultades, inherentes persoa con trastorno do espectro autista, se ven incrementadas considerablemente coas barreiras que o propio contexto sanitario presenta, sendo estas causa principal e determinante do seu grao de discapacidade.
Todos temos capacidades e todos discapacidades, fomentar ás primeiras e remover as barreiras que fomentan as segundas é unha obriga social, un deber que debemos acometer e que acomete, a partir de hoxe, a Xerencia Integrada de Vigo sumándose ao “Programa de Mellora da Atención Sanitaria dos Pacientes con Trastorno do Espectro do Autismo”, que contribuirá a facilitar o acceso dos pacientes con autismo a servizos e procesos sanitarios, fomentará a súa atención dende unha perspectiva integral, fomentará un maior coñecemento dos profesionais sanitarios sobre as estratexias de manexo destes pacientes na consulta e informará e divulgará a todos os niveis sobre as súas necesidades.
Para cumprir con estes obxectivos as primeiras medidas que se desenvolverán na Área de Xestión Integrada de Vigo, se iniciarán por unha banda nos centros de saúde e por outra no propio hospital.