autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size

By A Website Design

  • Español
  • Galician (Galego)

Federación Autismo Galicia

15 anos, 15 historias de vida

Correo-e Imprimir PDF

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) ven de presentar en Logroño o seu libro Activistas, terceiro e último volume dunha colección que ilustra os 15 anos de existencia desta organización, da que forma parte Autismo Galicia, a través de persoeiros que colaboraron con ela e que están profundamente comprometidos coa discapacidade.

No seu interior, desgránanse 15 historias moi persoais e cómo as vidas de cada un os foron achegando ao mundo do asociacionismo en prol das persoas con discapacidade. Algúns xa estaban vinculados á discapacidade desde o seu nacemento, a outros lles sobreveu a discapacidade durante a súa vida e outros víronse envoltos a raíz da chegada dun fillo.

Última actualizaciónfeita en Mércores, 06 Marzo 2013 14:33 Ler máis...

Autismo Galicia participa con Autismo España na creación do Perfil Dixital Interactivo

Correo-e Imprimir PDF

Esta iniciativa do Perfil Dixital Interactivo enmárcase dentro da Rede de Profesionais para a Sensibilización sobre os Trastornos do Espectro do Autismo e pretende ofertar unha completa guía de recursos para usuarios e profesionais.

Este perfil dixital será unha aplicación interactiva onde o usuario terá plena liberdade para navegar e descubrir os servizos que oferta cada entidade. Nesta ocasión, Autismo España pretende crear unha guía multimedia totalmente actualizada e accesible coa que calquera usuario ou profesional poida coñecer cómo funcionan as casi 70 entidades repartidas en toda a xeografía española.

Ler máis...

A Fiscalía de Menores e o CERMI traballarán xuntos para protexer a imaxe dos menores con discapacidade

Correo-e Imprimir PDF

Os menores con discapacidade son un dos colectivos mais intensamente protexidos polas leis, sen embargo, ás veces non se respectan debidamente a súa imaxe e a súa intimidade. Por ese motivo, o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade colaborará coa Fiscalía de Menores para mellorar a protección da imaxe pública dos nenos e nenas con discapacidade nos medios de comunicación.

Para captar e facer públicas imaxes de rapaces, con ou sen discapacidade, é obrigatorio dispor dunha autorización expresa dos seus pais ou titores legais. Nembargantes, se o uso destas imaxes resulta ofensivo, degradante ou non respecta a intimidade do neno, o Ministerio Fiscal pode intervir anulando a autorización paterna.

Ante os casos recentes de mal uso da imaxe pública de menores con discapacidade en emisións televisivas, o Ministerio Fiscal e o CERMI decidiron establecer mecanismos de intercambio de información e consultas permanentes. O obxectivo é evitar que se sigan lesionando dereitos fundamentais como o da intimidade e a propia imaxe; que están recoñecido pola Constitución Española, pola Convención de Dereitos do Neno e pola Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.

Desde Autismo Galicia insistimos no respecto escrupuloso á intimidade e á propia imaxe das persoas con discapacidade, menores ou adultos, e levamos a cabo estrictas políticas de protección de datos e imaxe dos usuarios cos que traballamos.


Fonte: CERMI

Última actualizaciónfeita en Luns, 04 Marzo 2013 16:38

A Orquestra Castro Navás clausura a mostra ARTEfactos en Santiago de Compostela

Correo-e Imprimir PDF

Como parte do acto de clausura da exposición ARTEfactos, a Orquestra Castro Navás, composta por persoas con autismo do centro do mesmo nome, actuará o próximo 28 de febreiro no Colexio de Fonseca, onde se atopa tamén a mostra Olladas dende a diversidade.

Esta orquestra, que comezou hai 13 anos, está composta por 10 persoas, das que mais da metade teñen algún trastorno do espectro do autismo. A dirección da orquestra corre da man de Carlos Veiga, músico profesional que foi contratado pola Fundación Menela para dar forma ao seu proxecto musical. “O fantástico é que a xente verá a orquestra e non saberá distinguir quen ten autismo e quen non”, apunta Cipriano Jiménez, Director Xeral de Fundación Menela e Vicepresidente de Autismo Galicia.

“As persoas con autismo teñen unha serie de capacidades que ás veces están sen descubrir” engade Cipriano Jiménez. Sobre esta idea, Fundación Menela cimentou, non só unha orquestra, senón tamén, un aula de pintura do que saíron as pezas de Yolanda Manrique e Luis Eduardo González e que se expoñen ata o xoves en ARTEfactos.

Baixo o lema “Dinamitando prexuízos desde a integración”, a mostra ARTEfactos pretende ser un espazo para a crítica, a mudanza e a rebeldía a través de diferentes expresións artísticas. Nela participan Autismo Galicia, Fundación Menela, a Rede Museística Provincial de Lugo, a Asociación Diversos de A Coruña, o Museo de Bellas Artes de Murcia e a Unidad de Demenecias do Hospital Universitario “Virgen de la Arrixaca” tamén de Murcia.

Desde Autismo Galicia, queremos convidarvos ao acto de clausura este xoves 28 de febreiro ás 6 da tarde no Colexio de Fonseca en Santiago de Compostela. A Orquestra Castro Navás interpretará pezas de música tradicional galega como o Pasodobre de San Roque e versións de autores tan variados como Manu Chao, Yann Tiernsen, Milladoiro ou Loreena McKennitt.

Imaxe da obra de Yolanda Manrique e Luis Eduardo González, tamén exposta na mostra ARTEfactos.

Última actualizaciónfeita en Luns, 04 Marzo 2013 16:28

Páxina 9 de 28