O pasado 1 de marzo entrou en vigor o real decreto que establece o Convenio Especial de Seguridade Social co obxectivo de dar unha maior seguridade no futuro ás persoas con unha discapacidade que afecte seriamente ás súas posibilidades de atopar un traballo.
Por primeira vez, ábrese a posibilidade de que estas persoas coticen á Seguridade Social, de forma que poidan completar a súa carreira de cotizacións (tanto se traballaron antes como se non) e no futuro ac cedan a prestacións por xubilación, morte, viuvez ou orfandade, mesmo a favor dun familiar.
Para acceder a este convenio, débese presentar a solicitude na Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social que corresponda ao domicilio da persoa e recibiría resposta no prazo de 3 meses.
































