autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Federación Autismo Galicia

Autismo Galicia promove a accesibilidade cognitiva no #GivingTuesday’, Un día para dar

Correo-e Imprimir PDF

‘Comprendo e decido’ é a campaña coa que Autismo Galicia participa no #GivingTuesday, unha iniciativa solidaria global que fomenta a cultura da colaboración  a través de donacións a  distintas causas sociais.

Este movemento, que naceu no 2012 en EEUU e no que participan 70 países, celébrase en España o día 28 de novembro, xusto despois e en contraposición ó #BlackFriday, a xornada de compras e consumo. Deste xeito o #GivingTuestay, dálle a oportunidade á  sociedade de coñecer e cooperar en proxectos sociais, sanitarios, medioambientais… Autismo Galicia participa por primeira vez neste movemento coa finalidade dar a coñecer o programa de Accesibilidade Cognitiva e obter donacións que nos permitan ampliar a súa execución.

Baixo o título ‘Comprende e decide’ explícamoslle á sociedade a necesidade que teñen as persoas con autismo de comprender a información do entorno para poder decidir e participar activamente e en igualdade de condicións en todos os aspecto da vida. Con este fin contamos coa colaboración dun grupo alumnos do CEE Aspanaes Ferrol, que se animaron a ser os protagonista dun vídeo. Nel contan a importancia que ten entender a información para poder decidir. Finalmente facemos un chamamento a todas as persoas: ‘Comprende  e actúe’.

Coñece neste enlace a proposta de Autismo Galicia:

'COMPRENDO E DECIDO'

GivingTuesday


Última actualizaciónfeita en Luns, 13 Novembro 2017 13:20

Autismo Galicia recoñece a “implicación” da EOXI de Santiago na mellora da atención ao paciente con TEA

Correo-e Imprimir PDF

A subdirectora de Calidade e Atención ao Doente, Beatriz Pais, a directora xerente de FAG, Patricia Blanco Riveiro, a presidenta da FAG, María José Álvarez Folgar e a xerente de Xestión Integrada de Santiago, Eloína Núñez durante o acto, de esquerda a dereita

 

A Federación Autismo Galicia fixo entrega dun Recoñecemento expreso á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago polo “seu compromiso na mellora da atención con persoas con trastorno do espectro do autismo”. A presidenta da Federación Autismo Galicia, María José Álvarez Folgar e Patricia Blanco Riveiro, directora xerente, participaron no acto xunto coa xerente de Xestión Integrada de Santiago, Eloína Núñez, que estivo acompañada pola subdirectora de calidade e atención ao doente, Beatriz Pais.

A Federación de Autismo, que aglutina a 13 asociacións que prestan servizos integrais e específicos a persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) considera que “a EOXI de Santiago é pioneira na mellora da comprensión dos espazos e procesos, así como a capacitación dos profesionais a través de estratexias para o manexo co paciente TEA”. Con este recoñecemento “a Federación Autismo Galicia desexa agradecerlle á xerencia da EOXI así como a todo o equipo de profesionais que participaron activamente na implantación destas medidas –manifestan- o esforzo compartido que a día de hoxe se traduce nunha mellora substancial da accesibilidade dos pacientes con autismo aos seus centros sanitarios e aos seus servizos”.

Entre as medidas levadas a cabo destaca a mellora da accesibilidade cognitiva de espazos sanitarios mediante a colocación de sistemas alternativos de comunicación, “pictogramas”. Foron instalados nas áreas hospitalarias de neuroloxía de adultos, pediatría, neuropediatría e urxencias pediátricas, en tamén nos espazos de consultas e salas de espera así como en todos os centros de saúde de Santiago, Ames e A Estrada. Vanse implantar tamén en A Pobra, Ribeira e Rianxo antes de que remate o ano e irá estendéndose a toda a área. Con esta acción preténdese facilitar a comprensión dos mesmos ás persoas con problemas de comunicación, apoiando a súa autonomía persoal, a súa seguridade no entorno da consulta e convertendo esta nun espazo máis amable e humano.

 

Última actualizaciónfeita en Luns, 30 Outubro 2017 11:54

Autismo Galicia presenta a Sanidade o 'Programa de Mellora da Atención Sanitaria ao paciente con TEA'

Correo-e Imprimir PDF

Marina Pérez Tenreiro, xefa de servizo de Atención Sociosanitaria,  Alfonso Alonso Fachado, Subdirector Xeral de Planificación e Programación Asistencial,  Josefina Monteagudo, subdirectora xeral de Atención ao Cidadán e Calidade, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, María José Álvarez Folgar, presidenta da Federación Autismo Galicia (FAG), Patricia Blanco Riveiro, directora xerente da FAG, e Teresa García Barcala, responsable da Área de Saúde da FAG, dende a esquerda.

 

Última actualizaciónfeita en Luns, 13 Novembro 2017 13:13

Xornada informativa de 'Specialisterne' para a inserción laboral de persoas con TEA

Correo-e Imprimir PDF

 

Última actualizaciónfeita en Luns, 13 Novembro 2017 13:13

Páxina 1 de 113

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.