Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 08/04/2024 | Unha marea de infinitos e cores con gran apoio de todas as entidades, da cidadanía, persoas amigas e representantes á campaña FAI UN XESTO polo AUTISMO #AutismoCercaDeTi

Unha marea de infinitos e cores, con gran apoio de todas as entidades, da cidadanía, persoas amigas e representantes, na campaña FAI UN XESTO polo AUTISMO #AutismoCercaDeTi

GRAZAS a todas as persoas que se sumaron á campaña #AutismoCercaDeTi visibilizando ao colectivo do autismo, grazas por facelo posible!!

08/04/2024

Aínda existe un gran descoñecemento sobre o autismo. Por exemplo, sabías que non existen dúas persoas autistas iguais? Ou que non hai ningún trazo físico visible que sexa identificativo de que unha persoa é autista?

A falta de información, os mitos e bulos e as imaxes estereotipadas que vemos en series e películas non axudan a entender ao autismo e as súas características, pero trátase dunha realidade moi presente na sociedade que debemos coñecer , comprender e apoiar.

Este ano as redes sociais enchéronse dunha marea de infinitos e cores con gran apoio de todas as entidades, da cidadanía, persoas amigas e representantes á campaña FAI UN XESTO polo AUTISMO. GRAZAS a todas as persoas que se sumaron a campaña #LlamémosloPorSuNombre visibilizando ao colectivo do autismo, grazas por facelo posible!!

 

O símbolo do infinito de cores está moi vinculado coa propia descrición do termo autismo O autismo non é lineal, senón que é un espectro, unha condición diversa. Aínda que as persoas autistas comparten o mesmo diagnóstico, cada unha delas é diferente ás demais e ten as súas propias capacidades, necesidades e intereses.

Por iso, precisa duns apoios individualizados e especializados que se axusten a cada etapa do seu ciclo vital para promover a súa participación social en igualdade de condicións.  A gama de cores mostra tamén esa gran diversidade, especificidade e singularidade que hai dentro do espectro autista.

O 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, unha data instaurada por Nacións Unidas para visibilizar ás persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e contribuír a promover o exercicio efectivo dos seus dereitos.
 
O autismo está máis cerca do que imaxinamos; está presente nos nosos fogares, escolas, lugares de traballo e comunidades. É unha parte inseparable da diversidade humana e, por isto, resulta fundamental que toda a cidadanía recoñeza a súa presenza cotiá.
 
O autismo maniféstase de maneira diferente en cada persoa que o presenta e non sempre é facilmente identificable a primeira vista. Por isto, podemos ter cerca a alguén que está no espectro do autismo e non sabelo: un familiar, un amigo, un compañeiro de clase do noso fillo ou filla, unha persoa da nosa contorna de traballo...
 
No noso país, esta condición ten unha prevalencia aproximada de 1 de cada 100 nacementos, unhas 27.000 persoas con autismo en Galicia e unhas 470.000 en España.

 

 
 
 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias