Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 22/04/2024 | Respiro familiar: axudas ás familias con persoas en situación de dependencia ou discapacidade

Respiro familiar: axudas ás familias con persoas en situación de dependencia ou discapacidade

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 21 de outubro de 2024.
 
 

22/04/2024

A Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia a Orde do 12 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras e se convocan para o ano 2024. O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 21 de outubro de 2024.
 
 
OBXECTO: 
Convocatoria das bases reguladores que rexerá a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a persoas coidadoras dentro do programa Respiro familiar para persoas coidadoras para o exercicio 2024.
 

PERSOAS BENEFICIARIAS:

Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa aquelas persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social. A persoa atendida dá lugar a unha única axuda, que pode ser compartida por dúas ou máis persoas coidadoras. Neste caso a axuda repartirase proporcionalmente ao gasto xustificado por cada unha das persoas coidadoras.

REQUISITOS:

  • Que a persoa coidadora solicitante ou a/s persoa/s atenda, sexan residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Que a persoa que se atende se encontre nalgunha das seguintes situacións:
- Discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria, e ter recoñecida polo organismo competente unha discapacidade en grao igual ou superior ao 75 %.
- Ter recoñecida a situación de dependencia polo organismo competente no grao II ou III.
- Que a persoa que se atende, no caso de non encontrarse nas situacións anteriores, presente unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.

TIPOS DE AXUDAS E CONTÍAS:

  • Respiro no fogar. A axuda consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento do servizo de atención a domicilio para atender as necesidade puntuais nos supostos convenientemente acreditados. Máximo de 1.000€ por persoa beneficiaria/ano.
  • Respiro en Centro de Día. A axuda consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento do servizo de atención no centro de día co fin de atender as necesidades puntuais nos supostos convenientemente acreditados.  Máximo de 1.000€  por persoa beneficiaria/ano.
  • Respiro en Residencia. Consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento da residencia ante unha necesidade puntual nos supostos convenientemente acreditados. Máximo de 1.500€ por persoa beneficiaria/ano.
 
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Ata o 21 de outubro de 2024
 
OBSERVACIÓNS:
Compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado.
 
MÁIS INFORMACIÓN: 
 No DOG, nº 78, do venres, 19 de abril de 2024 
 
 
 
 
 
 

Archivada en:
Infórmate > Noticias