Noticias
© Federación Autismo Galicia | 08/04/2024 | Unha marea de infinitos e cores con gran apoio de todas as entidades, da cidadanía, persoas amigas e representantes á campaña FAI UN XESTO polo AUTISMO #AutismoCercaDeTi
Unha marea de infinitos e cores, con gran apoio de todas as entidades, da cidadanía, persoas amigas e representantes, na campaña FAI UN XESTO polo AUTISMO #AutismoCercaDeTi
08/04/2024
Aínda existe un gran descoñecemento sobre o autismo. Por exemplo, sabías que non existen dúas persoas autistas iguais? Ou que non hai ningún trazo físico visible que sexa identificativo de que unha persoa é autista?
A falta de información, os mitos e bulos e as imaxes estereotipadas que vemos en series e películas non axudan a entender ao autismo e as súas características, pero trátase dunha realidade moi presente na sociedade que debemos coñecer , comprender e apoiar.
Este ano as redes sociais enchéronse dunha marea de infinitos e cores con gran apoio de todas as entidades, da cidadanía, persoas amigas e representantes á campaña FAI UN XESTO polo AUTISMO. GRAZAS a todas as persoas que se sumaron a campaña #LlamémosloPorSuNombre visibilizando ao colectivo do autismo, grazas por facelo posible!!
O símbolo do infinito de cores está moi vinculado coa propia descrición do termo autismo O autismo non é lineal, senón que é un espectro, unha condición diversa. Aínda que as persoas autistas comparten o mesmo diagnóstico, cada unha delas é diferente ás demais e ten as súas propias capacidades, necesidades e intereses.
Por iso, precisa duns apoios individualizados e especializados que se axusten a cada etapa do seu ciclo vital para promover a súa participación social en igualdade de condicións. A gama de cores mostra tamén esa gran diversidade, especificidade e singularidade que hai dentro do espectro autista.
O autismo está máis cerca do que imaxinamos; está presente nos nosos fogares, escolas, lugares de traballo e comunidades. É unha parte inseparable da diversidade humana e, por isto, resulta fundamental que toda a cidadanía recoñeza a súa presenza cotiá.
Archivada en:
Infórmate > Noticias