Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 16/04/2024 | Curso: Comunicación Aumentativa e Alternativa a través da Linguaxe Natural Asistida.

Curso: Comunicación Aumentativa e Alternativa a través da Linguaxe Natural Asistida.

Os sistemas aumentativos e alternativos da comunicación (SAAC) son formas de expresión distintas á linguaxe falada, que teñen como obxectivo aumentar e /ou compensar as dificultades de comunicación e linguaxe de moitas persoas.
INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO
 

25/05/2024 -

Organiza: Federación Autismo Galicia
 
*Actividade recoñecida de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
 

DESCRICIÓN

Os sistemas aumentativos e alternativos da comunicación (SAAC) son formas de expresión distintas á linguaxe falada, que teñen como obxectivo aumentar e /ou compensar as dificultades de comunicación e linguaxe de moitas persoas.
 
Existen moitos tipos de SAAC pero podemos dividilos en aqueles que non necesitan axuda, ou aqueles que si a necesitan. Son os sistemas de comunicación con axuda, os que en este curso nos ocupan.
 
Por onde empezo?. Como sei cal é el máis acertado para unha persoa en concreto?. Está a persoa preparada para usar estes dispositivos?. Como empezar cando xa teñen un dispositivo?. Para que persoas? Nós usamos PECS, podemos empregar isto tamén? Que requisitos ten que ter a persoa autista?
 
A eficacia da tecnoloxía aplicada á Comunicación Aumentativa e Alternativa (CAA) está demostrada. En este curso reúnese a información máis importante para levar a cabo a implementación de un SAAC mediante alta tecnoloxía, da forma máis efectiva.
 
 

OBXECTIVO

En este curso aprenderase todo o que se necesita saber para empezar da mellor maneira na CAA, desde os primeiros conceptos ata a creación de unha guía individual co teu plan de implementación, aprenderemos a entender, deseñar e levar a cabo cada paso de este emocionante camiño, avaliación, evidencias científicas, boas e malas prácticas, deseño de Proloquo2go, inmersión lingüística, recollida de datos, fitos, actividades ou consellos. Todo isto baixo o paraugas da linguaxe natural asistida.
 
O ensino da linguaxe natural asistida consiste en unha estratexia de comunicación que establece como base o respecto cara a persoa, para favorecer o desenvolvemento da linguaxe apóiase a súa linguaxe oral na linguaxe simbólica do sistema de comunicación da persoa, mediante a técnica do modelado, ofrecendo así un input con alto valor educativo que é levado a cabo en situacións cotiás, nun contexto real, motivador e significativo. O verdadeiro cambio está no paradigma que dirixe o foco cara a persoa responsable da aprendizaxe e libera á persoa autista da falsa crenza dos prerrequisitos.
 
 
DATA: Sábado 25 de maio de 2024
 
Nº DE HORAS: 8
 
HORARIO: De 9:30h  a 14h e de 15:30h. a 19h.
 
MODALIDADE: Presencial. Sede A Fundación.  Rúa do Vilar nº 19. 15705  Santiago de Compostela . *Non se gravará, polo que non se poderá acceder á formación fóra do horario no que se imparte.
 
PERSOAS DESTINATARIAS: Profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia e demais profesionais de apoio terapéutico dos servizos socio-sanitarios.
 
NÚMERO DE PRAZAS: 30
 
PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o martes, 7 de maio de 2024 ás 12h.
*Confirmaremos a praza ou lista de espera por correo electrónico unha vez finalizado o prazo de inscrición (a partir do mércores, 8 de maio de 2024).
 

PROGRAMA

  1. Sistemas Aumentativos e Alternativos da Comunicación, de que falamos?  (2 h.)
  • Definición
  • Tipos de SAAC con axuda e sen axuda
  • Catálogo de axudas técnicas e prescricións médicas.
  1. Cambio de paradigma (2 h.)
  • Falsos mitos e crenzas
  • Estudos, técnicas e evidencias que conseguen cambiar o paradigma
  1. Consideracións fundamentais na implantación de un SAAC (2 h.)
  • Adquisición da linguaxe a través de CAA
  • Habilidades e destrezas das persoas interlocutoras
  1. Avaliación da competencia comunicativa (2 h.)
  • Competencias e funcións da comunicación
  • Ferramentas de avaliación
  • Matriz de comunicación e DAGG 2
 
FORMADORA
 
Claudia Adelina Benegui é ponente e logopeda La Fábrica de Palabras. Directora do Centro Con Mis Palabras, clínica de logopedia especializada no desenvolvemento infanto-xuvenil e acompañamento familiar. Especialista en CAA Asistida con Tecnoloxía pola Universidade de Castela A Mancha, así como en Intervención Logopédica en Patoloxía Neurolóxica e Neurodesenvolvemento e en Atención Temperá. Experta en Terapia Orofacial e Miofuncional.
 
MÁIS INFORMACIÓN: www.autismogalicia.org // formacion@autismogalicia.org // Teléfono: 981 589 365
 
 
 

 

 

 
Lugar de celebración:

Sede A Fundación.  Rúa do Vilar nº 19. 15705  Santiago de Compostela

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades