Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 11/04/2024 | A páxina web de Autismo Galicia, fonte de referencia contrastada e veráz, rexistra 161.505 visitas no ano 2023.

A páxina web de Autismo Galicia, fonte de referencia contrastada e veráz, rexistra 161.505 visitas no ano 2023.

Orientamos a información aos contidos de calidade e referencia no ámbito da saúde, a educación, e recursos necesarios para a mellora da calidade de vida das persoas con TEA e as súas familias, facilitando unha información contrastada e buscando posicionarnos como medio de información de referencia dentro da comunidade.

11/04/2024

A nova web Autismo Galicia ofrece unha maior calidade de información, organización dos contidos e facilidade de navegación, novos servicios de información e canles de fluxo de información para nosas entidades. A páxina web é actualizada constantemente. Dentro da nova liña de márketing dixital, elabóranse campañas e estratexias dixitais de visibilidade e posicicionamento dentro das redes sociais, achegando seriedade, proximidade e fiabilidade.

Pretendemos marcar presenza en foros de interese coa elaboración de artículos con contidos fiables e rigorosos, que apoien o prestixio da nosa marca.

A páxina de Autismo Galicia rexistra 161.505 visitas no ano 2023.

Durante 2023, a páxina web de Autismo Galicia, onde día a día ofrecemos información e contamos a actualidade sobre o autismo, alcanzou un total de 161.505 páxinas vistas únicas, un dato que reforza a necesidade do noso colectivo de estar informado e que a nosa páxina é consultada como fonte de referencia contrastada e veráz con tendencia á alza rexistrada no último ano. Segue rexitrando un alto número de visitas, debido a nova estratexia de comunicación e plan de acción de comunicación posto en práctica.

Temos sempre en conta o promover unha imaxe positiva do colectivo, e constituírnos como un interlocutor de referencia tanto para as entidades, a Administración, e para as familias e persoas. A nosa labor desde o departamento de comunicación é crear e difundir unha mensaxe clara que acabe cos estereotipos, creando instrumentos que faciliten unha linguaxe común.

Respecto aos temas que máis interesaron durante 2023, a visita as publicacións da axenda actividades, temáticas como a prevalencia, criterios diagnósticos, as características do  TEA, e as formas de solicitar axudas foron as páxinas máis leidas.

ACHEGAS DA WEB DA FAG EN 2023

  • Maior calidade de información.
  • Organización e creación de novos contidos.
  • Facilidade de navegación.
  • Servizos de información e canles de fluxo de
  • Información para as nosas entidades.
  • Axenda de actividades de entidades federadas
  • Repositorio de documentos e guías.
  • Información da rede de servizos.
  • Mapa de localización das entidades.
  • Buscador de recursos e servizos da rede de Entidades da Federación Autismo Galicia.
  • Proxecto Web en Rede / Web Viva: A voz da rede. Poñendo en valor a oferta de programación das entidades, os seus servizos e tamén a gran rede de profesionais cos que contamos, convidándovos a participar nas publicacións profesionais da rede de entidades.
 
 
 

PROGRAMA DE INCIDENCIA SOCIAL. Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social e Xuventude.

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias