Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 19/03/2024 | Actividade do DÍA MUNDIAL DO AUTISMO 2024 COA ASOCIACIÓN TRASCOS: Convivencia entre persoas con TEA, familias e profesionais.

Actividade do DÍA MUNDIAL DO AUTISMO 2024 COA ASOCIACIÓN TRASCOS: Convivencia entre persoas con TEA, familias e profesionais.

Para o domingo día 7 de abril, a Asociación TRASCOS organizou un Día de Convivencia entre persoas con TEA, familias e profesionais na Asociación A.N.D.R.E.A., co fin de conmemorar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que se celebra o 2 de abril. #DiaMundialDelAutismo #AutismoCercaDeTi

07/04/2024 -

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO COA ASOCIACIÓN TRASCOS
 
Para o domingo día 7 de abril, a Asociación TRASCOS organizou un Día de Convivencia entre persoas con TEA, familias e profesionais na Asociación A.N.D.R.E.A., co fin de conmemorar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que se celebra o 2 de abril.
 
A actividade da Asociación ANDREA é un proxecto integral de apoio ao desenvolvemento rural baseado principalmente na posta en marcha de servizos de benestar social e aproveitamento dos recursos naturais, a través dos seus tres liñas de actuación:
  • Centro de acollida de burros abandonados e/o maltratados.
  • O centro de terapia asistida con burros para persoas con discapacidade física, psíquica e/o social.
  • O programa de dinamización do rural.
 
A visita consistirá nunha charla introdutoria na que se darán unhas pautas básicas de achegamento aos animais, adaptadas ás características das persoas con TEA.
Despois visitaremos a manada de asnos, que será guiada polos profesionais da asociación, dunha forma segura e sempre buscando a vertente terapéutica, respectando os ritmos de cada participante.
Por último, finalizaremos o Día de Convivencia gozando dunha comida deliciosa todos xuntos no Fogar do Maior en Allariz.
 
O evento será unha excelente oportunidade para favorecer a socialización, a comunicación e o desenvolvemento persoal e a inclusión na sociedade das persoas con TEA e das súas familias.
 
Toda a info e contacto preme aquí: Asociación TRASCOS
 
Lugar de celebración:

Allariz

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades