Formación y actividades
© Federación Autismo Galicia | 26/03/2024 | Imaxe da EXPOSICIÓN "Rompiendo Mitos" de Paula Verde
Actividade do DÍA MUNDIAL DO AUTISMO 2024 COA ASOCIACIÓN ASTEAVI
AsTEAVI conmemora o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, con múltiples actividades informativas de sensibilización e participación en campañas. #DiaMundialDelAutismo #AutismoCercaDeTi
01/04/2024 -
Dende Asociación de Trastornos do Espectro Autista de Vigo, AsTEAVi, este 2024 polo Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, estamos a implementar varias accións de visibilidade e sensibilización.
AXENDA DE ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN AsTEAVI
- PUNTO INFORMATIVO AsTEAVI
AsTEAVi estará presente co seu punto informativo habitual de anos atrás na Rúa Príncipe de Vigo o sábado 6 de abril a partir das 10.30 e ata ás 13.00 horas. Neste punto, vistoso polo seu colorido azul dos múltiples globos que se reparten á cidadanía da contorna, teremos a disposición do público interesado pulseiras y camisetas do autismo para donativo.
- STAND SOLIDARIO
Por outra banda, este ano teremos tamén un stand solidario na planta 0 do Centro Comercial Gran Vía de Vigo (Rúa Miradoiro 2), centro comercial referente da cidade olívica, a mañá do propio 2 de abril de 10.00 a 13.00.
- INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "Rompiendo Mitos"
O día 2 de abril terá lugar a inauguración dunha exposición sobre o autismo baixo o nome “Rompiendo mitos”. Trátase dunha exposición fotográfica de Paula Verde, fotógrafa e socia de AsTEAVi, na que amósanse dúas liñas temáticas baixo un mesmo título , rompendo mitos desde o literario e artístico ata o estritamente técnico.
A exposición poderase visitar de xeito gratuíto ata o día 16 de abril na planta 2 do centro comercial.
- SPOT PUBLICITARIO
A xornada do martes 2 de abril, no Centro Comercial Gran Vía de Vigo, contaremos coa reprodución do spot de campaña de Autismo España grazas a cesión dunha pantalla por parte do centro para a súa proxección.
- COLABORACIÓN CON VITRASA
Ademais, a empresa de transporte público da cidade de Vigo, Vitrasa--Avanza, reproducirá este mesmo spot nas pantallas da súa flota do 1 ao 8 de abril.
O Concello de Vigo aprobou a súa difusión e todos os autobuses da cidade contarán coa súa emisión.
Lugar de celebración:
Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades